Comunicado!!!!

NOTA DE PRENSA
ASGATE condena enerxicamente a agresión a un enfermeiro de
Urxencias do CHUAC e a un membro do servizo de seguridade
Dende ASGATE, Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias, queremos expresar a nosa máis firme condena ante a agresión que sufriron un enfermeiro do servizo de Urxencias do CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña) e a un membro do equipo de seguridade.
Os profesionais sanitarios e os equipos de seguridade que traballan nos
hospitais realizan unha labor fundamental na atención aos pacientes e na protección da seguridade dentro dos centros sanitarios. Sen embargo, seguen sendo vítimas de
episodios de violencia que poñen en risco a súa integridade física e psicolóxica, afectando non só ao seu benestar, senón tamén á calidade da atención que prestan á cidadanía.
Dende ASGATE esiximos medidas urxentes por parte das administracións e das autoridades competentes para erradicar estas situacións, entre elas:
🔹 O reforzo da protección legal e a aplicación de medidas contundentes
contra as agresións ao persoal sanitario e de seguridade.
🔹 Un incremento das medidas de seguridade nos centros sanitarios para previr este tipo de incidentes.
🔹 Campañas de concienciación e sensibilización dirixidas á sociedade, deixando claro que calquera forma de violencia contra os profesionais sanitarios é inaceptable.
Así mesmo, pedimos que este tipo de agresións sexan consideradas delito polas autoridades xudiciais, garantindo unha resposta exemplar ante calquera ataque ao persoal sanitario e de seguridade.
Ningunha agresión pode ser xustificada nin tolerada. Dende ASGATE
solidarizámonos cos compañeiros agredidos e reiteramos o noso compromiso na defensa da seguridade e dignidade de todos os profesionais que traballan no ámbito sanitario.
Por unha sanidade segura e libre de violencia.