Vuela alto compañero y amigo, te echaremos de menos.

🕊️ Comunicado de ASGATE
A Coruña, 12 de setembro de 2025
A Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE) quere expresar a súa máis fonda dor polo falecemento de Andrés Ríos, compañeiro, amigo e membro da nosa directiva.
O seu compromiso co asociacionismo, a súa defensa constante da profesión e a súa calidade humana deixan unha fonda pegada en todos nós. Ademais da súa recoñecida traxectoria como xornalista e director de medios de comunicación galegos, Andrés dedicou tempo, esforzo e ilusión a apoiar o labor de ASGATE, contribuíndo co seu criterio e experiencia á visibilización da nosa profesión.
Desde ASGATE queremos transmitir o noso máis sincero pésame á súa familia, amizades e compañeiros, e rendemos homenaxe á súa memoria, que permanecerá sempre presente no noso traballo e compromiso diario.
Descansa en paz, Andrés.