Reunión con el Sergas.

🔴 ASGATE PARTICIPA NA NEGOCIACIÓN PARA INCLUIR SANCIÓNS POR AGRESIÓNS A TES NA LEI DE SAÚDE DE GALICIA 🔴

Estimados compañeiros.

ASGATE está a desempeñar un papel clave na defensa dos Técnicos de Emerxencias Sanitarias no marco da reforma da Lei de Saúde de Galicia, que incluirá por primeira vez sancións específicas para as agresións ao persoal do transporte sanitario e do 061.

Este importante paso, que converterá a Galicia na primeira comunidade autónoma en recoñecer legalmente a nosa protección, foi anunciado pola Xunta nunha mesa de traballo na que ASGATE participou activamente como representante dos TES galegos. Xunto a nós, estiveron presentes a Consellería de Sanidade, o Sergas, a Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Federación Galega de Empresarios de Ambulancias (FEGAM) e Tesgalicia.

➡ A nosa loita dá froitos: grazas á insistencia de ASGATE e doutros colectivos profesionais, a Administración recoñece agora que os TES sufrimos un alto risco de agresións e que é necesario un marco legal específico que garanta a nosa seguridade no traballo.

🔹 Que implica esta medida?
• O recoñecemento dos TES como persoal protexido, o que suporá unha maior protección xurídica en casos de agresións.
• A posibilidade de aplicar sancións máis duras ás persoas que atenten contra a integridade dos profesionais do transporte sanitario.
• A actualización dos protocolos de prevención e actuación ante agresións.

🚨 Seguiremos na loita! 🚨
Nos vindeiros días, ASGATE continuará participando nestas mesas de traballo, asegurándose de que a normativa recolla as necesidades reais do noso colectivo. A nosa implicación nesta reforma é fundamental para garantir que se nos dea o recoñecemento e protección que merecemos.

✉ Queremos escoitarvos! Se tes propostas ou inquietudes, fainolas chegar para que poidamos trasladalas nestas reunións. Seguiremos informando sobre os avances.

📢 Xuntos somos máis fortes!

Atentamente.
ASGATE – Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias

También te podría gustar...

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad